Skip to main content
As Pontes

Abre o prazo de inscrición para os obradoiros de verán da escola infantil da Barosa

Por 23 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes abriu o prazo de presentación de solicitudes para participar nos obradoiros de verán da Escola Infantil A Barosa.

Os obradoiros desenvolveranse durante o mes de agosto, en horario de 08:00 a 14:00 hora, inclúen servizo de comedor, e están dirixidos ao alumnado que xa asiste á escola infantil municipal no presente curso.

As familias interesadas en inscribirse nestes obradoiros, xunto coa solicitude de inscrición deberán achegar certificado da Empresa dos pais/nais conforme se está traballando e non en período de vacacións. As persoas autónomas deberán achegar unha fotocopia do último recibo de autónomos.

No caso de estar realizando cursos de formación, será preciso un certificado da entidade que imparte a formación, e tamén declaración xurada de estar traballando no servizo doméstico cuxa valoración será realizada polo departamento de Servizos Sociais.

A instancia, que se poderá solicitar na escola infantil, deberá presentarse desde o 23 de maio ata o 2 de xuño, ambos incluídos, no Rexisto Xeral do Concello de As Pontes, previa cita nos números de teléfono 667129388/667129389

As familias con nenos/as que non gozaron dun mes de vacacións no curso escolar (desde setembro/22 a xullo/23), non poderán facer uso do servizo de obradoiros de verán, xa que os nenos/as deben gozar dun mes de vacacións durante o curso escolar, a non ser que circunstancías xustificadas o impidan.