Skip to main content
As Pontes

Xa está instalada a nova pasarela sobre o Río Eume nas Pontes

Por 24 Maio, 2023Maio 26th, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes comezou os traballos de colocación dunha nova pasarela sobre o Río Eume, unha nova estrutura que permitirá minimizar o impacto visual, segundo as especificacións de Patrimonio e adaptada ás medidas de accesibilidades vixentes.

O proxecto de creación dunha nova pasarela, cun orzamento de 168.441 euros con cargo á Deputación da Coruña, está destinado a mellorar a accesibilidade e mobilidade no casco urbano e garantir, deste xeito, unha mellor calidade de vida entre toda a veciñanza.