Skip to main content
Uncategorized @gl

Axenda electoral para hoxe na provincia

Por 13 Maio, 2023Maio 14th, 2023Sin comentarios

PSOE

Friol

12.00 horas. A candidata do PSdeG á Alcaldía, Ana Pardo, participa na festa de recreación histórica Friulio xunto ao voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, a Deputada autonómica Patricia Otero e a Deputada no Congreso Ana Prieto. Paseo fluvial.

A Pobras do Brollón

20.00 horas. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, presidente da Deputación e alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, participa no acto de presentación da candidatura socialista, que lidera Adolfo Rubio. Asistirá tamén o voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez. Restaurante Primero de Mayo.

Alfoz

20.30 horas. O Alcalde de Alfoz e candidato á reelección polo PSdeG, Jorge Val, presenta a candidatura ás eleccións nun acto que contará coa presenza do Senador César Mogo, a Deputada no Congreso Ana Prieto e a Deputada autonómica Patricia Otero. Na casa da cultura.

Burela

11.30 horas. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xunto coa candidata á Alcaldía, Carmela López, e membros da candidatura visitarán a Feira Expomar. Porto de Burela, Nave de Redes

 

PARTIDO POPULAR

O Valadouro

10.30 horas. O responsable de Sanidade do Goberno galego, Julio García Comesaña, participará xunto ao candidato do PP á alcaldía do Valadouro, José Manuel Lamela, nun reparto electoral coincidindo coa feira en Ferreira. Punto de encontro diante do hotel Vila do Val.

Ribeira de Piquín

11.30 horas. A responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do Goberno galego, Ángeles Vázquez, e o senador do PP lucense, José Manuel Barreiro, asistirán xunto ao candidato do PP á alcaldía de Ribeira de Piquín, José Osorio, á Festa da Troita. Punto de encontro diante de Casa Horario (Chao do Pousadoiro).

Ribadeo

Ás 12.00 horas. O responsable de Sanidade do Goberno galego, Julio García Comesaña, participará xunto ao candidato do PP á Alcaldía de Ribadeo, Dani Vega, nunha reunión informativa no Hotel Araucaria.

Cervantes

12.30 horas. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, Alfonso Rueda, asiste á Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña acompañado do candidato do PP á alcaldía de Cervantes, Óscar Fernández, a deputada autonómica e número 2 da candidatura, Encarna Amigo, e outros membros da formación local.
San Román. 

Sarria

13.00 O vicepresidente do PP da provincia de Lugo e responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, Francisco Conde, e o deputado e coordinador do PP provincial, José Manuel Balseiro, participarán en Sarria xunto á candidata do PP á alcaldía, Carmen José López, nunha reunión con comerciantes no hotel Alfonso IX despois de realizar un pequeno paseo pola vila. Á altura da cafetería D’Pont.

Meira

13.30 horas. A responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do Goberno galego, Ángeles Vázquez, e o senador do PP lucense, José Manuel Barreiro, participarán xunto ao candidato do PP á alcaldía de Meira, Óscar Fernández, nunha reunión con empresarios na Tapería Arguiñano.

Monforte

18.00 horas. A responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do Goberno galego, Ángeles Vázquez, realizará un paseo polo casco histórico de Monforte de Lemos xunto á candidata do PP á alcaldía, Katy Varela. Comezo na rúa Doutor Casares na esquina do paseo do malecón.

O Páramo

20.00 horas. A responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do Goberno galego, Ángeles Vázquez, e o deputado e coordinador do PP provincial, José Manuel Balseiro, intervirán nun mitin xunto ao candidato do PP á Alcaldía, José Luís López. En Casa Felipe, de Villarmosteiro.

 

BNG

Lugo

11.30 Presentación de iniciativas do BNG a respecto da conservación do río Miño.
Punto de Encontro no aparcadoiro do Pazo dos Deportes

Barreiros

12.30 horas. A portavoz nacional, Ana Pontón, asiste a un acto público coa candidatura do BNG para as eleccións municipais do 28M.

Ribas de Sil

20.30 Acto público aberto. Participan Rosana Prieto Responsábel comarcal do BNG, Guillerme Vázquez ex-portavoz nacional do BNG e Emilio Fernández candidato á alcaldía de San Clodio de Ribas de Sil.
Salón de actos do Concello de San Clodio de Ribas de Sil