Skip to main content
Uncategorized @gl

Axenda electoral para hoxe na provincia

Por 14 Maio, 2023Sin comentarios

A axenda electoral para hoxe, 14 de maio, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

A Fonsagrada

12.30 horas. Mitin do Alcalde e candidato á reelección polo PSdeG, Carlos López López, xunto ao Delegado do Goberno de España en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, o Senador César Mogo, o Voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, e a Deputada autonómica Patricia Otero. Salón de Actos dos Chaos.

Pantón

12.30 horas. O candidato socialista á Alcaldía, Roberto Prado, participa na Feira do Viño da localidade, xunto á Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, a Deputada no Congreso Ana Prieto e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga. Recinto feiral. Ferreira de Pantón.

Barreiros

20.00 horas. Mitin da candidata socialista á Alcaldía de Barreiros, Carmen Veiga, xunto ao Senador César Mogo e a Deputada autonómica Patricia Otero. Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Samos

21.00 horas. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, participa na presentación da candidatura socialista de Samos, que lidera José Antonio García Jurjo. Tamén asistirá a Deputada no Congreso Ana Prieto e o Deputado provincial e tenente de Alcalde de Láncara, Pablo Rivera. Hotel Restaurante A Veiga.

 

PARTIDO POPULAR

Monforte de Lemos

12.00 horas. O responsable de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do Goberno galego, Román Rodríguez, participará xunto á candidata do PP á alcaldía de Monforte, Katy Varela, nunha visita ao museo das clarisas. No convento das clarisas.

O Incio

19.00 horas. O vicepresidente do PP da provincia de Lugo e responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, Francisco Conde, e o secretario xeral do PP lucense intervirán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía do Incio, Héctor Corujo. No edificio multiusos do antigo mercado.

Lugo

20.30 Mitin. Elena Candia en Albeiros, Paradai e Garabolos. CEIP Albeiros.

Cervo

21.00 horas. O responsable de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do Goberno galego, Román Rodríguez; e o deputado e coordinador xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, intervirán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía de Cervo, Alfonso Villares. No salón de actos da Casa do Concello.

 

BNG

O Saviñao

20.00 Acto público aberto. Etelvino Noguerol, membro candidatura; Patricia Varela, membro candidatura; Olalla Ródil, deputada do BNG e Antía Neves, candidata á alcaldía do Saviñao.

 

CIUDADANOS

Lugo

20.00 Encontro cos veciños de Coeses na Casa Rectoral de Coeses.