Skip to main content
Uncategorized @gl

Axenda electoral para hoxe na provincia

Por 24 Maio, 2023Maio 28th, 2023Sin comentarios

A axenda electoral para hoxe, 24 de maio, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

Mondoñedo

20,00 h. Mitin da candidata socialista á Alcaldía, Esperanza González, no que tamén participará o Senador pola provincia de Lugo, César Mogo, e o candidato á Alcaldía nº3, Modesto Díaz. Casa da Xuventude.

Sober

21,00 h. Mitin do candidato socialista á Alcaldía, Eladio Fernández, no que tamén participará o Voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, e a Deputada socialista no Parlamento de Galicia, Patricia Otero. Casa da Cultura.

 

PARTIDO POPULAR

Monforte

11.00 A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, realiza un percorrido polo municipio acompañando á candidata á alcaldía, Katy Varela, e ao seu equipo no reparto de propaganda electoral. Punto de encontro: no campo da feira LU-P-3202, 339

Viveiro

18.00 A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, realiza un percorrido pola vila acompañando á candidata á alcaldía, Mariña Gueimude, e ao seu equipo no reparto de propaganda electoral. Punto de encontro: diante o Hotel Urban – avenida Navia Castrillón, 2

Burela

20.00 A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, e o coordinador provincial do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, participan nun mitin xunto ao candidato á alcaldía, Manuel Rouco. Salón de actos da antiga biblioteca – rúa do Correo, 1

Lugo

20.30 Mitin de Elena Candia para os veciños da Residencia, O Castiñeiro, A Cheda, Casás, Abella e o Carme. CEIP Casás

Taboada

21.00 A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego, Ethel Vázquez, intervirá nun mitin xunto ao secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal, o senador lucense, José Manuel Barreiro; e o candidato á alcaldía de Taboada, Ramiro Moure. Tamén asistirá a vicesecretaria de Igualdade do PPdeG, Raquel Touriño. Centro cívico de Taboada.

BNG

Ribadeo

13.00 A portavoz nacional, Ana Pontón, visita Ribadeo para apoiar a candidatura que encabeza Pablo Vizoso para as eleccións municipais do 28M e comprobar as obras de humanización do concello levadas a cabo polo BNG na lexislatura que remata. Praza España, 1.

Vilalba

17.45 Ana Pontón, Tino Alvite e integrantes da candidatura de Vilalba visitan as instalacións de Queixeiria Casleiras, SL.

Lugo

20.00 A portavoz nacional, Ana Pontón, en Lugo ao mitin da campaña das eleccións municipais do 28M para apoiar ao candidato do BNG á alcaldía da cidade, Rubén Arroxo. Paseo da Mosqueira (Praza do Campo Castelo, 29, 27001) Lugo

Monforte

20.30 Integrantes da candidatura, Néstor Rego deputado do BNG no Congreso e Emilio Sánchez candidato á alcaldía de Monforte de Lemos realizan un acto público aberto. Cadrado do Parque dos Condes.

 

CIUDADANOS

Lugo

20.00 Cañas ciudadanas polo Castiñeiro. Praza do Castiñeiro

 

PODEMOS-ESQUERDA UNIDA

Lugo.

10:30: Chegada de Juan Carlos Monedero a Lugo. Café con Chus Rodríguez e outras integrantes da candidatura, zona centro.

11:00 Paseo denuncia pola corrupción, desde o Xulgado ata o parque Rosalía de Castro, onde desde o Mirador, haberá tempo para unhas declaracións de Monedero e Rodríguez, sobre a transparencia pública (en torno ás 11:30h).

12.00: Paseo polo barrio da Residencia e Abella.

12:30 Encontro no restaurante Savoy con familiares das vítimas do crime do Cash Record, onde Monedero e Rodríguez conversarán, aberto ao público, o estado no que se atopa actualmente o proceso e o recurso.

14.00 Comida de Monedero, Chus Rodríguez. Lugar por determinar.