Skip to main content
Uncategorized @gl

Axenda electoral para hoxe na provincia

Por 25 Maio, 2023Maio 28th, 2023Sin comentarios

A axenda electoral para hoxe, 25 de maio, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

Begonte

15.30 Visita do delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, ao consultorio de Baamonde.

Cervo

20,30 h. Mitin da candidata socialista á Alcaldía, Luján Ramos, no que tamén participará o voceiro e Secretario Xeral da Agrupación local, Francisco Mon, e a Deputada no Parlamento de Galicia, Patricia Otero. Salón de Actos do Concello.

Castro de Rei

21,00 h. Mitin da candidata socialista á Alcaldía, Alba Sinde, no que tamén participará o Senador pola provincia de Lugo, César Mogo. Casa da Cultura de Castro de Riberas deLea.

 

PARTIDO POPULAR

Viveiro

17.30 O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, e o coordinador provincial do PP, José Manuel Balseiro, participan nun mitin xunto á candidata á alcaldía de Viveiro, Mariña Gueimunde.  Teatro Pastor Díaz.

Lugo

19.30 Alfonso Rueda, intervirá no mitin central de Lugo xunto á candidata á alcaldía, Elena Candia. Facultade de Veterinaria.

Foz

20.00 O responsable de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, intervirá nun mitin en Foz xunto ao coordinador provincial do PP, José Manuel Balseiro, e o candidato do PP á alcaldía, Javier Castiñeira. Hotel Leyton.

Ribadeo

21.30 O responsable de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, intervirá nun mitin en Ribadeo xunto ao coordinador provincial do PP, José Manuel Balseiro, e o candidato do PP á alcaldía, Daniel Vega. Discoteca Molino.

Vilalba

21.30 O presidente do PPdeG, rematará a xornada intervindo nun mitin en Vilalba xunto ao secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal, e a candidata do PP á alcaldía de Vilalba, Sandra Vázquez. Restaurante Montero

BNG

Lugo

12.00 Rolda de prensa de Rubén Arroxo sobre mobilidade e calmado do tráfico. Rubén Arroxo, candidato á alcaldía. Praza Horta do Seminario

20.00 Encontro do BNG en Pías. Rubén Arroxo, candidato á Alcaldía; Alexandre Penas, número 3 da candidatura. Escola de Pías.

20.30 Encontro do BNG en Ombreiro. Cristina López, número 4 da candidatura do BNG; Felipe Rivas, número 5 da candidatura. Casa dos Pinos de Ombreiro

CIUDADANOS

Lugo

20.00 Encontro ciudadano na Tinería. Cruce entre a rúa da Tinería e a Rúa do Miño

 

PODEMOS-ESQUERDA UNIDA

Lugo

19.00 Acto público Xuntas pola democratización da cultura. A candidata, Chus Rodríguez, acompañada doutras integrantes da coalición, presentará as principais propostas en materia de Cultura do programa de Podemos – Esquerda Unida. Rúa Soto Freire, a carón do Vello Cárcere, e da estación de autobuses.