Skip to main content
Barreiros

Publicado o bando e o tempo de solicitude para as fogueiras en Barreiros

Por 16 Xuño, 2023Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Barreiros vén de publicar o bando no que se pon en coñecemento da poboación as normas para a celebración das fogueiras de San Xoán (23 xuño) e San Pedro (28 xuño).

A realización das fogueiras debe notificarse telefonicamente 982 124 002 ou por medio de correo electrónico rexistro@concellodebarreiros.gal con data límete o día anterior á realización da fogueira (22 ou 27 de xuño).

Queda terminantemente prohibida a realización de fogueiras en espazos naturais como praias, montes ou calquera outro espazo de sensibilidade natural e/ou ecolóxica.

Só se permite a realización de fogueiras en espazos públicos a asociacións ou entidades legalmente constituídas previa solicitude por escrito.

A comunicación realizada para as fogueiras de San Xoán e San Pedro só dará cobertura a aquelas acendidas entre as 7 da tarde e a 1 da madrugada das datas correspondentes (23-24 e 28-29 de xuño).