Skip to main content
Lourenzá

A Deputación aglomera en Lourenzá a estrada provincial que une San Adriano con Augaxosa

Por 14 Xuño, 2023Sin comentarios

A Deputación de Lugo iniciou o aglomerado da estrada provincial LU-P-2801 entre os puntos quilométricos 0,9 e 3, á altura da parroquia de San Adriano, en Lourenzá. Estes traballos contan cun investimento de preto de 180.000€ que permite a mellora desta vía que une a parroquia laurentina con Augaxosa, en Riotorto.

O proxecto incluíu a limpeza dos laterais da estrada e a mellora da drenaxe, garantindo así unha boa evacuación das augas cando chova. As actuacións compleméntanse co aglomerado e rematarán coa colocación de arquetas, sumidoiros e a sinalización horizontal da estrada, pintando con marcas reflexivas brancas.

Estes traballos, que dan resposta a unha petición realizada pola Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, permiten dotar á vía de maior seguridade e dun novo pavimento para a mellora das comunicacións nunha estrada moi empregada pola veciñanza do concello e da contorna.