Skip to main content
A Pontenova

A Baixada de Carrilanas da Pontenova será puntuable para a Copa de Europa

Por 11 Xuño, 2023Xuño 12th, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 22 e domingo 23 de xullo as carrilanas volven á Pontenova, organizadas por Motoreo A Pontenova. Ademais este ano vai ser puntuable para a Copa de Europa. Esta cita deportiva está tamén é puntuable para a Copa Galicia e para a Copa de España.

Aínda non hai preograma festivo pero prevese que como noutros anos o sábado sexan as verificacións dos vehículos participantes na proba e os adestramentos, e o domingo a propia baixada.

Para calquer dúbida haberá que enviar un email a motoreopontenova@gmail.com.

Existen diferentes modalidades para as carrilanas Simpatía, Madera, Drift Trike, Sputnik, Patinaje de Descenso, Street Luge, LongBoard, Gravity Bike, Rodamientos, Neumática GX (Colectiva), Neumática GX (Individual), C10 (Skeleton), C9 (Kart Junior 6 a 15 años), C8 (Kart), C7 (Carrioli), C6 (Bob-Car), C5 (SideCar), C4 (monoplaza +18 años), C3 (monoplaza 14 a 17 años), C2 (monoplaza 10 a 13 años) e C1 (monoplaza 6 a 9 años).