Skip to main content
Ribadeo

A EMMeD de Ribadeo organiza unha xornada de portas abertas

Por 25 Xuño, 2023Xuño 26th, 2023Sin comentarios

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o 28 de xuño unha xornada de portas abertas. Serán en horario de 16.00 a 18.00 horas cando o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten na EMMeD, incluíndo unha pequena clase práctica, previa inscrición.

Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:

-Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2019 e 2016.

-Práctica instrumental: nenos e nenas nadas a partires do 2015; adultos inclusive.

-Pre-Danza: nenas e nenos nados entre os anos 2019 e 2016.

-Danza clásica ou contemporánea: nenos e nenas nadas a partires do 2015.

As persoas asistentes poderán aproveitar esta oportunidade para probar e facelo de balde durante esa xornada.

As inscricións para asistir a esta cita poden realizarse no enderezo electrónico esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.gal, ata o 27 de xuño, indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e especialidades que quere coñecer.