Skip to main content
O Valadouro

O Concello do Valadouro prepara as actividades de Ludiverán 2023

Por 29 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello do Valadouro prepara as actividades de Ludiverán 2023 que están orientadas a rapaces e rapazas nados entre o ano 2011 e o 2019. Esta actividade será desde o 3 de xullo ó 25 de agosto desde ás 10.00 horas ata as 13.00 horas.

As inscrición terán lugar entre os días 27 a 30 de xuño por medios telemáticos (sede electrónica), nas oficinas da Casa da Cultura de 10.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres ou nas oficinas municipais desde as 09.00 horas ata as 14.30 horas.

O prazo de presentación de solicitudes remata, en todos os os casos, o 30 de xuño ás 14.00 horas ou ata agotar prazas.

A recepción de participantes será desde as 9.00 horas e a saída desde as 13.00horas ata as 14.00 horas.