Skip to main content
O Valadouro

O Concello do Valadouro estrenou alcaldesa, María José Fernández Díaz

Por 17 Xuño, 2023Xuño 30th, 2023Sin comentarios

O Concello do Valadouro estrenou alcaldesa, María José Fernández Díaz, nada no Valadouro en 1971 e farmacéutica de profesión.

A súa agrupación, Udival, acadou un único concelleiro nas eleccións do pasado 28 de maio, pero finalmente conseguiu o bastón de mando do Valadouro gracias ao apoio do PSOE e BNG.

Fernández Díaz volvía encabezar a candidatura de Udival desde que se presentara nas eleccións municipais de 2007 con TEGA e foi elixida concelleira. Nas de 2011 encabezou a candidatura de Udival e volveu ser elixida concelleira, repetindo no 2019.

A nova rexedora di que “eu estaba convencida de que non ía a apoiar a ninguén máis porque no seu momento xa traballei no tripartito. De non ser así meteríame de novo na oposición posto que antes de asinar un mal acordo prefería estar a marxe dun equipo de Goberno que ao final non me ía responder”.

Malia que acaba de aterrar na Alcaldía ten moita ilusión en que o Mercado de Primavera sexa declarado de Interese Turístico Galego. “Para min este mercado é algo totalmente distinto a outras feiras e hai que ilo diferenciando collendo as súas orixes da Virxe Milagreira e da capela, de cando viña o cantar de cegos, etc. Esta historia é a que temos que ir unindo ao mercado”.