Skip to main content
O Vicedo

O Goberno local do Vicedo adxudicou a creación dunha escaleira provisional ao Fuciño do Porco

Por 12 Xuño, 2023Sin comentarios

O Goberno local do Vicedo adxudicou por 17.000 euros a creación dunha escaleira e outras melloras no acceso ao Fuciño do Porco para así garantizar un acceso provisional e seguro durante este verán.

Segundo o alcalde, Jesús Novo, a actuación comezará a vindeira semana e realizarase con caracter urxente para que esté totalmente rematada en xullo. Trátase dunha solución provisional, posto que a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao traballa nun proxecto de carácter permanente.

A Autoridade Portuaria Ferrol-S.Cibrao, a entidade con competencia na zona afectada, deseñou unha ponte colgante sen apoios intermedios e unicamente suxeitada no istmo e nun punto firme do camiño de entrada onde se colocarían bases de formigón.