Skip to main content
O Vicedo

A Fundación Laboral da Construción organiza un curso de prevención en construcción no Vicedo

Por 21 Xuño, 2023Xuño 22nd, 2023Sin comentarios

A Fundación Laboral da Construción en colaboración co Concello do Vicedo organiza un curso de nivel básico de prevención en construcción do 5 ao 18 de xullo.

Este taller, de 60 horas de duración, celebrarase na casa da cultura do Vicedo e está destinado a persoal traballador de concellos, alumnos/as traballadores obradoiros de emprego, persoas desempregadas e cidadáns en xeral interesados na acción formativa

A acción formativa dará lugar a expedición do Certificado Oficial de Prevención de Riscos Laborais na Construcción e non hai límite de prazas.

Os interesados deberán contactar do director do Obradoiro de Emprego ou chamar por teléfono a casa da cultura do Vicedo no teléfono 982 590 195.