Skip to main content
Viveiro

A Rapa das Bestas de San Andrés de Boimente, de Viveiro, será este domingo

Por 30 Xuño, 2023Sin comentarios

A parroquia de San Andrés de Boimente celebrará unha nova edición da Rapa das Bestas de Candaoso, nos montes de Buio, no municipio de Viveiro, os próximos días 1 e 2 de xullo.

O sábado 1, comezará coa actuación do trío Merengue e o dúo Belinda e poderase desfrutar das marabillosas vistas desde o monte.

Xa o domingo 2, o gran día comezará ás 10.00 horas terá lugar a baixada do gando desde os montes ata o lugar do curro, onde levará a cabo o corte das colas e as crines das reses e o marcado a lume dos poldros.

Entre as 10.00 e as 12.00 horas abrirase o período de inscrición para as competición, así como a medición dos cabalos no circuito das carreiras. As carreiras serás ás 16.00 horas. Despois haberá unha sesión vermú a cargo do dúo Belinda.