Skip to main content
Viveiro

Viveiro busca voluntarios para participar diferentes proxectos sociais

Por 24 Xuño, 2023Sin comentarios

Dende a Oficina Municipal de Voluntariado do Centro de Servizos Sociais do Concello de Viveiro están a buscar voluntarios para varios proxectos.

Trátase de iniciativas de apoio educativo, ocio e tempo libre, de acompañamento social e de reparto de alimentos perecederos, dirixidos todos eles a colectivos desfavorecidos.

O primeiro destes tres proxectos consiste en dar apoio educativo e actividades de ocio e tempo libre durante os meses de verán a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. Búscase en particular a persoas voluntarias con formación na área educativa ou social.

No segundo proxecto solicítanse voluntarios para realizar paseos ou dar acompañamento para citas médicas en hospitais e centros de saúde. O terceiro proxecto consiste na recepción e distribución de alimentos entre as familias máis vulnerables.

As personas interesadas en colaborar con estas iniciativas sociais poden chamar ao Centro de Servizos Sociais de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00, nos teléfonos 982 550 421 e 604 046 956.