Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A parroquia de Vilaronte, en Foz,estará de festas os vindeiros 17, 23 e 24 de xuño

Por 6 Xuño, 2023Sin comentarios

A parroquia de Vilaronte, en Foz,estará de festas os vindeiros 17, 23 e 24 de xuño na celebración do seu San Xoán. A comisión de festas presentou o cartel oficial.

Así, o sábado17 de xuño ás 20.00 horas haberá un pregón a cargo de Bárbara Ramos Edrosa e a continuación unha churrascada popular.

O venres 23 ás 22.30 horas será a gran verbena coas actuacións do dúo D’Vicio e grupo Beatriz. E o sábado 24, o propio día de San Xoán, haberá misa ás 13.00 horas e actuación da orquestra La Favorita, xa ás19.30 horas celebrarase o XLV Festival Folclórico infantil co Feitizo de Foz e o grupo invitado, AC Osorio Gutiérrez de Lourenzá.

Xa pola noite ás 23.00 horas será a gran verbena con La Favorita e o grupo Fussión.