Skip to main content
Axenda CaducadaXove

A exposición ‘Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA’, poderase desfrutar ao carón do centro cívico de Xove

Por 14 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove, ABANCA e Afundación presentan hoxe mércores 14 de xuño, ás 12.00 horas na praza anexa ao Centro Cívico de Xove, a exposición de rúa Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA.

Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA estará na rúa de Xove ata o vindeiro 9 de xullo. É unha proposta que amosa pezas das Coleccións de Arte Afundación e ABANCA que convidan a viaxar, ben por Galicia, ben arredor do mundo.

A cronoloxía das pezas vai desde finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vai acompañada dun texto escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas. O concepto do proxecto é a viaxe, que sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un xeito de descubrir novos rumbos para a produción artística.

Asistirán o alcalde do Concello de Xove, José Demetrio Salgueiro; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez; o director da oficina de ABANCA en Xove, Fabián Rodríguez; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.