Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O prebenxamín do Porta Miñá gaña a Copa Galega de natación

Por 12 Xuño, 2023Xuño 13th, 2023Sin comentarios

Os prebenxamíns do Club de Natación Porta Miñá fixéronse coa Copa Galega da categoría esta fin de semana na proba disputada no Club Fluvial de Lugo.

Participaron os oito primeiros equipos galegos da Liga e o CNPortaMiñá fíxose co título de campión e demostrou o gran traballo que se fai nas categorías inferiores ademais de nas superiores. A segunda praza do ránking quedou en poder do Club Fluvial de Lugo.

É este un título máis para o PortaMiñá, que consolida á cidade de Lugo e os seus deportistas como referente da natación galega.