Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Remata o circuíto do Corre con nós cunha alta participación en Frigsa

Por 12 Xuño, 2023Sin comentarios

Lugo acolleu este domingo a última carreira do circuíto esta tempada e fíxoo cunha gran participación, sobre 450 atletas, novamente arredor das instalacións do parque da Milagrosa, antiga Frigsa.

Nicolás Arrojo foi o gañador da carreira de onte, ao igual que fixo na cuarta, e ocupou un tepo de 17,22 minutos. Tras el entraron en meta Daniel Pérez Murado (17,25) e Carlos Villamor (17,25).

Na categoría feminina o triunfo foi para Emma Méndez, que tamén repite podio e que emplregou 20,34 minutos no percorrido. Xunta a ela estiveron Sandra González Fernández (21,10) e Marian Berdeal Ciba (22,19).

Con estes resultados Emma Méndez pasa por diante de Daniel Pérez e Carlos Villamor na competición xeral do circuíto.

Entre os menores tamén houbo bos tempos. Na sub-16 o máis rápido foi Daniel Martínez González (5,28) e na feminina este posto foi para Kalina Stefanov (6,14). Na sub-14 os triunfos foron para Fabio de las Heras (5,53) e Claudia Morán (6,18). No seguinte rango (sub-12) venceron Lía Núñez (2,59) e Álex Basanta (2,53).

Entre os sub-10 o primeiro posto foi para Luca Villar Moa (3,02) e Arharne Iglesias (3,08′).