Skip to main content
Castroverde

A Feira do Cabalo de Castroverde será o 30 de xullo

Por 5 Xuño, 2023Sin comentarios

Castroverde celebra o vindeiro 30 de xullo a súa tradicional Feira do Cabalo que abrirá ás 9.00 horas onde o mercado gandeiro da localidade acollerá, unha vez máis, unha espectacular mostra de gando equino.

Ás 11.00 horas arrancará o exame dos animais que se presentan aos distintos concursos, a cargo dos xuíces de Apreval quen tamén valorarán as medicións de animais para as carreiras, dende as 12.00 horas.

A mañá rematará en torno ás 13.30 horas e chegará o momento musical na sesión vermú coa artista Verónica Cambón. Non será ata ás 15.15 horas o comezo das carreiras de andadura. Nelas, cada xinete terá dereito a unha volta de recoñecemento. A organización advirte que será obrigatorio o uso de casco. 

Para a participación nas carreiras é preciso inscribirse antes do 9 de xullo no teléfono 609 730 572. A xornada rematará coa entrega de premios ás 18.00 e festa con Verónica Cambón 

PREMIOS

Nas carreiras de andadura, os primeiros recibirán 100 euros, o segundo clasificado 60, e o terceiro e cuarto, 40 e 20 euros, respectivamente. Ademais, se recoñecerá cun diploma ao quinto clasificado.