Skip to main content
A Fonsagrada

O CEIP Plurilingüe da Fonsagrada celebra mañá unha festa de fin de curso

Por 20 Xuño, 2023Sin comentarios

O CEIP Plurilingüe Santa María da Fonsagrada celebra mañá mércores 21 de xuño unha festa de fin de curso que dará comezo ás 17.00 nas instalacións do centro.

A xornada contará coa presenza do equipo de Xotramu con xogos para todas as idades e tamén haberá unha merenda.

Ademais os asistentes poderán desfrutar dun concerto do grupo A gramola gominola.

Unha gran festa para celebrar o fin dun curso escolar, e o inicio da tempada estival.