Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada celebra o seu X Concurso de Tapas

Por 24 Xuño, 2023Xullo 6th, 2023Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada convoca a décima edición do concurso de tapas, co fin de incentivar, segundo o Goberno municipal, o bo facer culinario dos cociñeiros locais”.

Con esta cita, buscan tamén contribuír a promocionar e potenciar a actividade do sector de restauración do municipio.

O evento celebrarase desde o martes 27 de xuño ao sábado 1 de xullo de 20:00 a 23:00 horas. Cada establecemento presentará unha tapa a concurso á que se lle dará un nome e cuxo prezo será de 3 euros.

Os clientes consumidores das tapas serán os encargados de elixir aos locais gañadores cos seus votos. Na valoración das tapas, terase en conta o mellor sabor e a mellor presentación.

Para iso, deberán dispoñer dunha cartilla que se recollerá en calquera dos establecementos participantes. O cliente deberá obter o selo do establecemento na súa cartilla, no momento da consumición.

Unha vez completado e cumprimentado cos datos persoais do consumidor, depositarase en calquera das urnas situadas en cada un dos establecementos contabilizándose no reconto de votos só aquelas cartillas que estean validamente cumprimentadas.