Skip to main content
Lugo

Arranca hoxe a SECAL con música e numerosas exposicións

Por 9 Xuño, 2023Xuño 20th, 2023Sin comentarios

Hoxe dará comezo en Lugo a SECAL 2023, organziada pola asociación Lugo Monumental co obxectivo de poñer en valor a arte que hai entre a veciñanza. A SECAL 2023 nace máis centrada nos artistas que expoñen nos locais, pero tamén hai cabida para a música e unha fascinante exposición na Catedral de Lugo.

Ás 16:30 na galería Nova-Rúa Arte inaugurarase a exposición dedicada a Vázquez Cereijo, a quen rede homenaxe nesta edición da SECAL e a continuación visitarase A Galería da rúa Bolaño Rivadeneira, onde se expoñen outros dous cadros do artista.

A SECAL 2023 dedícase á memoria de José Vázquez Cereijo, e grazas á entusiasta participación da súa viúva, Anne Nikitik, haberá unha exposición da súa obra na galería Nova-Rúa Arte, situada no número 114 da Rúanova. A continuación visitarase A Galería da rúa Bolaño Rivadeneira onde se expoñerán tamén dous cadros de Vázquez Cereijo.

Ás 17:30 na Catedral, o director do Museo Diocesano, Marcos Cales, guiaranos pola exposición temporal Os Cálices na Diócese de Lugo durante os séculos XVI ao XX. A inscrición para esta visita é gratuíta no Whatsapp da asociación (644 637 444) ou no email asociacion@lugomonumental.es.

Por outra banda, 17 pintores e escultores lucenses expoñerán en 16 locais distribuídos por todo o centro histórico. Serán as obras de Bego Pérez Fotógrafa, Gema López, Isabel Carril, Lolasui, Lucía Barrios, Macía, Mario Astorga, MRY, Nicolás Fernández Vázquez, Noelia Fernández, Oniel Rodríguez López, Pedro Núñez Fernández, Peña Romay, Silvia, Vanessa Somoza Domínguez, Xoán Vila e Yolanda Martínez Álvarez.

A nota musical poñerana os catro concertos que a Diócese incluíu na SECAL e que corresponden ao IX Festival Internacional de música de órgano do Corpus Christi.

O primeiro será o sábado, 10 xuño, ás 21.00 horas, na igrexa de Santiago A Nova, Homenaxe a Max Reger. O luns 12 de xuño, ás mesma hora, na Catedral de Santa María eicotarase The trumpet shall sound. Seguirán o martes na iglesa de San Pedro con  Membra Jesu nostri para rematar o venres 16, sempre á mesma hora e de novo na Catedral, con Tesouros do Arquivo da Catedral.