Skip to main content
Lugo

A Hedreira celebra hoxe unha festa de aniversario

Por 18 Xuño, 2023Sin comentarios

O Centro Social Autoxestionado de A Hedreira celebra hoxe o seu primeiro aniversario cunha festa que dará comezo ás 12.00 horas no local, situado na rúa Catasol.

A programación arrancará cun pasarrúas con foliada polo barrio de Catasol e San Roque que comezará en Campo Castelo e rematará na Herdeira, pero que en caso de choiva será todo no propio centro.

A partir das 13.30 horas farase unha mostra de actividade de A Hedreira para seguir cunha sesión vermú a cargo do grupo Peitoescuro, representantes da artesanía sonora.

Ao rematar a sesión musical dará comezo o xantar comunitario dunha paella vegana. A tarde estará chea de música cun bingo musical seguido dunha sesión de karaoke. Rematará cun espectáculo de variedades musicais co título Tributo a Leiva, a cargo do Coro da Fundación Faes.