Skip to main content
Carballedo

A cidade deportiva Catro Ventos de Carballedo acolle a quinta xornada da Liga Galega de Karate

Por 10 Xuño, 2023Xuño 12th, 2023Sin comentarios

A quinta xornada da Liga Galega de Karate terá lugar na cidade deportiva Catro Ventos de Carballedo durante o día de hoxe, na que se enfrontarán diversos equipos de todas as idades.

Durante o encontro, que terá lugar ao aire libre, enfrontaranse ás 10.00 horas as categorías de xuvenil e cadete durante toda a mañá. Pola tarde será a quenda, a partir das 16.30 horas, das categorías pre-benxamín, de benxamín, de alevín e de infantil.

O karate é unha arte marcial que se practica como defensa persoal, pero tamén como deporte de combate e ten a súa orixe no Xapón.