Skip to main content
Carballedo

A ‘Festa dos nenos’ de Carballedo terá lugar este sábado pola tarde

Por 22 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Carballedo organiza este sábado a ‘Festa dos nenos’, unha actividade lúdica e gratuíta que consistirá na combinación de diferentes atraccións: inchables, tobogáns, unha festa da escuma e unha merenda para rematar.

Esta iniciativa terá lugar no pavillón municipal a partir das 17.00 horas e está pensada para o desfrute de menores de 13 anos, que poderán vir acompañados das súas familias.

Esta é unha das actividades que organiza o Concello de Carballedo que máis adoitan gustar aos nenos da vila, xa que é un momento no que se xuntan para despedir as clases e todo o ano lectivo antes de comezar as vacacións.