Skip to main content
Chantada

A Casa da Música de Chantada organiza varios concertos de fin de curso ata o vindeiro 12 de xuño

Por 6 Xuño, 2023Sin comentarios

A Casa da Música de Chantada convoca novos Concertos de Fin de Curso despois da “a exitosa actuación o pasado sábado dos alumnos e alumnas da Sección Tradicional”, despois de que os asistentes encheran o Auditorio Municipal.

Así, o primeiro deles será esta mañá, ás 12.00 horas, do alumnado de ASDEME no Auditorio Municipal e ás 19.00 horas terá lugar o de Música Moderna no mesmo establecemento.

Pola súa parte, o mércores 7 terá lugar na Praza de Galicia e ás 18.45 horas o Concerto de Acordeón, mentes que o de Piano será ás 19.15 horas na Praza de Galicia. Por último, ás 20.30 horas celebrarase o Canto na Praza de Galicia.

Xa o domingo 11 de xuño terá lugar a actuación de Ballet e Danza Moderna no Auditorio Municipal e o luns, 12 de xuño, rematará os actos o Cuarteto de Saxos na Praza da Paz ás 19.00 horas.