Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAChantada

A Subida a Chantada cumpre 50 anos nun novo evento deportivo que terá lugar en xullo

Por 28 Abril, 2024Abril 29th, 2024Sin comentarios

A Subida automobilística a Chantada, puntuable para o Campionato de España de Montaña, celebra a súa L edición os vindeiros días 26, 27 e 28 de xullo.

Para conmemorar as “vodas de ouro” desta iniciativa, a Subida a Chantada puntuará para o Campionato de España de Montaña (CEM) e coa categoría de “Proba FIA internacional”.

“Se a Subida a Chantada é unha das carreiras automobilísticas máis recoñecidas de España, o alcanzar as cincuenta edicións convértea nunha das probas máis veteranas do deporte nacional, algo que a sitúa no privilexiado club das probas máis míticas e históricas do estado”, explican.

Así, a Escudería Chantada, co seu presidente Alfonso Viana á cabeza, xa está acometendo os primeiros traballos para desenvolver esta iniciativa deportiva na localidade da Ribeira Sacra situada no corazón de Galicia e nun marco incomparable como o é a ribeira do río Miño.