Skip to main content
Chantada

Un proxecto fotográfico do alumnado do IES Val de Asma de Chantada está exposto na Casa da Cultura

Por 13 Xuño, 2023Sin comentarios

O alumnado de cuarto da ESO do IES Val do Asma de Chantada ten exposta na Casa da Cultura un proxecto fotográfico chamado ‘NÓS-OUTROS: O espello de Claude’, que se poderá visitar de maneira gratuíta ata o vindeiro 26 de xuño.

Este proxecto fotográfico, enmarcado no programa Eduexcelencia desde a materia de Xeografía e Historia, ten como obxectivo introducir ao alumnado na Era Contemporánea da Arte, polo que o alumnado plasmou as súas ideas nunha foto.

As imaxes están enfocadas a temas como o maltrato, os sentimentos de soidade ou a exclusión social, incertidume, desexos ou simplemente retratos enfocados á personalidade de cada un dos alumnos, explican os expositores.

Din que grazas ao fotógrafo Fuco Reyes puideron aprender que unha foto é máis que unha “simple imaxe” e tamén o proceso que hai na montaxe dunha exposición fotográfica.