Skip to main content
Chantada

Esta tarde os comercios de Chantada celebran a Noite Aberta ata as 23.00 horas

Por 16 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación de Empresarios de Chantada e Centro Comercial Aberto da Ribeira Sacra organiza, unha vez máis, a Noite Aberta do comercio chantadino.

Durante esta tarde de venres, as familias que pasen por Chantada poderán desfrutar de descontos en comercios locais, inchables na praza de Galicia e actuación musicais pola rúa.

Esta iniciativa ten como obxectivo promover o consumo local da vila de Chantada, polo que os comercios que participan na campaña abrirán as súas portas ata as 23.00 horas.