Skip to main content
Chantada

O Festival de Clausura das Escolas Deportivas de Chantada contarán con diversas actuacións artísticas

Por 22 Xuño, 2023Xuño 23rd, 2023Sin comentarios

Esta tarde de 22 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar o Festival de Clausura do curso 2022/2023 das Escolas Deportivas de Chantada no pavillón municipal.

Para dar comezo á xornada, haberá un desfile de patinaxe como apertura do evento, que dará lugar a unha exhibición de patinaxe artística por parte de catro grupos: grupo de iniciación ‘Ratoncitas’, grupo intermedio ‘Espías’, cuarteto ‘Egipcias’ e pre-show ‘No me atrapes’.

Despois, será a quenda dos grupos de ximnasia e baile a partir das 21.15 horas, co grupo de ximnasia rítmica de maiores, que actuarán cco tema ‘We will rock you’; despois actuará o grupo de ximnasia rítimica de pequenas coa canción ‘Bloody mary’, a continuación daranlle paso ao grupo de maiores, que virán acompañadas das cancións ‘Clavaito’, ‘Rumbatón’ e ‘Se acabó el amor’.

Máis tarde terá lugar un baile conxunto de maiores e intermedios, coas cancións ‘El merengue’ e ‘Adiós’, que será a antesala do sefuinte baile dos intermedios, coas cancións ‘Llegaste tú’ e ‘Suave’. Xa para rematar, as persoas asistentes poderán desfrutar do baile dos pequenos, amenizado cos temas ‘Mambo Nº5’ e ‘Más macarena’; e, por último, terá lugar a ximnasia da terceira idade, coa canción ‘Muchas flores’.