Skip to main content
Chantada

O Folión de Carros xa ten cartel grazas a dúas alumnas do IES Val do Asma de Chantada

Por 24 Xuño, 2023Xuño 25th, 2023Sin comentarios

Dúas alumnas do IES Val do Asma de Chantada deseñaron o cartel do Folión de Carros de Chantada 2023 que foi presentado diante da Casa da Cultura.

A asociación cultural Amigos do Folión determinou que o alumnado do IES Val do Asma de Chantada fora o encargado de realizar o cartel desta edición e Nerea Rodríguez Lage e Nara dos Santos dos Anjos, alumnas de 2º de Bacharelato, coordinadas pola profesora de Debuxo Artístico, Lola López, elaboraron o cartel nun debuxo a man.

Neste cartel hai elementos simbólicos do Folión de Carros coma a vaca, os zocos, os carroceiros, a cor, a tipografía diferente, a festa para representar tradición e modernidade neste cartel diferente ao doutros anos.

Diferentes integrantes da asociación Amigos do Folión e da Corporación Municipal do Concello de Chantada asistiron á presentación.