Skip to main content
Chantada

Por Chantada esixe ao goberno local que axilicen a limpeza das estradas porque “é perigoso”

Por 25 Xuño, 2023Sin comentarios

Por Chantada pídelle ao Concello de Chantada que axilicen a limpeza das gabias nas estradas do municipio e arborado para ter 5 metros de galibo, xa que “vai con moito atraso e hai pistas na ribeira cuxo tránsito xa é moi dificultoso pola invasión da maleza”, explican

Din que estar sen facer as gabias das estradas “é perigoso, pois nesas estradas e pistas non existen beirarrúas nin sendas peonís, o ancho é menor que noutras vías e é habitual o tránsito de animais domésticos, polo que aumenta a perigosidade”.

Por outra banda, argumentan que os valados de protección cumpren unha función moi importante para evitar saídas de vías, pero explican que hai moi poucos instalados e existen varios puntos “de especial perigosidade”.

Por iso, cren que é necesario que o goberno local realice as tarefas de poda de arborado deixando libres 5 metros de altura en todo o ancho da vía nas súas estradas para que maquinaria, autobuses e camións poidan transitar sen perigo,

Por último, tamén fan unha chamada á Deputación de Lugo para que debe revise a sinalización nos diferentes lugares “para ter unha velocidade axeitada e instalar pasos de peóns nalgúns lugares, así como mellorar o firme de varias das estradas da súa titularidade”.