Skip to main content
Chantada

Comezan as actividades de verán para os nenos e nenas de Chantada

Por 26 Xuño, 2023Sin comentarios

O Cconcello de Chantada organiza para esta última semana de xuño varias actividades para nenos e nenas do municipio antes de comezar cos campamentos de verán, que terán lugar en dúas quendas, do 3 ao 14 de xullo e do 17 ao 31 de xullo.

Así, neste Xuño Lúdico, que é como se chama a iniciativa desta semana, os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos poderán desfrutar de actividades no colexio Xoán de Requeixo, como unha xincana pola igualdade, un obradoiro de educación ambiental, un contacontos e títeres, obradoiros diverciencia e unha festa da auga o último día, o 30 de xuño.

Estas actividades terán lugar de 08.00 a 10.00 horas da mañá, pero haberá a posibilidade de dispoñer dun servizo de madrugadores de 08.00 a 10.00 horas de maneira gratuíta para as familias ccon máis necesidades de conciliación.

Campamentos de verán

Pola súa parte, os campamentos de verán deste ano serán só durante o mes de xullo en dúas quendas; a primeira desde o 3 ao 14 de xulo e a segunda do 17 ao 31 de xullo en horario de mañá e ao que aínda poden apuntarse as familias interesadas ata o 30 de xuño.

Cada quenda terá un custo de 20 eurros por neno, que poderá ser de entre 4 e 12 anos, e as familias que o precisen poderán contar co servizo de madrugadores, de 08.00 a 10.00 horas de maneira gratuíta.