Skip to main content
Monforte

O Ateneo Casino acolle a exposición Inmarcesibles ata o vindeiro 16 de xuño

Por 6 Xuño, 2023Sin comentarios

A exposición Inmarcesibles do Concello de Sober está agora exposta no Ateneo Casino de Monforte, e permanecerá ata o 16 de xuño.

Esta mostra fotográfica desde principios deste ano 2023 percorrendo os diferentes Concellos de Galicia levando fotografías de corpos reais de mulleres coa vontade por mostrar a naturalidade de corpo feminino.

Así, xa son 20 os concellos e institucións que colgaron nas súas paredes os cadros de Inmarcesibles, “aínda que a mostra continúa movéndose, quedándolle aínda moitas viaxes”, explican as súas prmotoras, Ana de la Torre e Patricia González.