Skip to main content
Pantón

O Campamento de Verán Pantón xa está preparado para acoller nenos durante xullo e agosto

Por 11 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Pantón organiza, un ano máis, o Campamento de Verán Pantón, que terá lugar en diferentes quendas dos meses de xullo e agosto de luns a venres agás festivos.

Así, os horarios serán de 09.00 a 14.00 horas para os pequenos que se apunten na Casa da Cultura do 12 ao 19 de xuño, en horario de 10.00 a 20.00 horas.

O campamento, destinado a nenos nados entre o ano 2011 e 2019, terá un prezo de 20 euros por neno e por semana e no caso de apuntar a dous nenos da mesma familia, serán 30 euros por quenda.

As quendas serán do 3 ao 14 de xullo, do 17 ao 31 de xullo, do 1 ao 11 de agosto e do 14 ao 31 de agosto.