Skip to main content
Pantón

A II edición de O Son da Aldea terá lugar este sábado e acollerá diversas actividades culturais e musicais

Por 21 Xuño, 2023Xuño 22nd, 2023Sin comentarios

A segunda edición do Festival Cultural de Toldaos, O Son da Aldea, terá lugar este sábado, 24 de xuño, no que actuarán diversos grupos musicais, precedidos o venres pola proxección ás 21.00 horas de ‘O último Arganeo’ e un coloquio sobre a mesma.

Esta iniciativa da parroquia de Toldaos de Pantón, é un festival multicultural no que participan artistas que producen en galego e é de balde para todas as persoas interesadas en achegarse este sábado, incluíndo, ademais da música, contacontos e teatro.

Así, o sábado 24 comezará a xornada ás 17.30 horas cun concerto do grupo Alendalúa en As Pedras das Mouras, que dará paso, ás 18.45 a un contacontos da man de Anxo Moure, que terá lugar na Adega do Campo do Adrio. Por último, ás 19.50 horas, a asociación de veciños de Cereixa protagonizarán unha actuación teatral na zona do festival.

Ademais destas actividades culturais, a partir das 21.00 horas comezarán as actuacións musicais, que contarán con grupos galegos como Rhome, Cerodouscero, Os Parentes, Cmirago e Tecor Societario, que rematará sobre as 02.00 horas do día 25.