Skip to main content
Pantón

O DJ Rafa Aguiar actuará durante a festa de San Xoán organizada pola Asociación de Veciños a Curuxeira de Pantón

Por 23 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños A Curuxeira de Pantón organiza para esta noite de San Xoán unha xuntanza e festa para todos os veciños interesados no seu local social.

Así, a partir das 21.30 horas, as persoas que se acheguen poderán desfrutar dunha sardiñada e unha pancetada, así como da actuación do DJ Rafa Aguiar, que amenizará a noite.

Esta iniciativa proponse co fin de compartir tempo cos veciños nun evento tan tradicional como a Noite de San Xoán.