Skip to main content
Pantón

O libro ‘Mitos e lendas’ será presentado polas súas autoras nunha actividade organizada por Segredos de Pantón

Por 28 Xuño, 2023Xuño 29th, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Segredos de Pantón organiza a presentación do libro “Mitos e Lendas da Ribeira Sacra” do Estudio Gnomo o vindero domingo 2 de xullo ás 17.00 horas na Capela de San Marcos (Marce), en Vilar de Ortelle, Pantón.

Así, para esta actividade gratuíta, contarase coas autoras para explicar de que vai o libro e por que o escribiron nunha contorna que aparece nas lendas do libro, as xacias de Marce, por onde os asistentes poderán desfrutar dunha ruta.

Deste xeito, farase unha ruta duns 4,5 quilómetros de dificultade sinxela dende Marce ata o castro de Marce, onde falarán da lenda das xacias, outras lendas da contorna, a historia do castro de Marce, os segredos da Torre de Marce do Castellum Minei “e máis sorpresas, defenden desde a asociación.

As persoas interesadas en participar poderán facelo inscribíndose a través das redes sociais de Segredos de Pantón, xa que só hai 3o prazas dispoñibles e terán prioridade as persoas que se apunten de primeiras.