Skip to main content
Quiroga

O Campamento de Voleibol de Quiroga 2023 terá lugar do 16 ao 30 de xullo

Por 6 Xuño, 2023Xuño 7th, 2023Sin comentarios

Xa están abertas as inscricións para o campamento de voleibol de verán da Federación Galega de Voleibol que terá lugar en Quiroga do 16 ao 30 de xullo e para xogadores dende os 12 ata os 15 anos (nados entre 2007 e 2010, ambos incluidos) e de todos os niveis de experiencia.

Durante este campamento, haberá un programa completo de adestramentos e actividades relacionadas co voleibol, co obxectivo de desenvolver as habilidades técnicas, tácticas, físicas e sociais dos participantes. Ademais das sesións diarias de adestramento dirixidas por técnicos especializados, os participantes tamén terán a oportunidade competir nun torneo interno e gozar de actividades de ocio e tempo libre como rutas de senderismo, actividades acuáticas e demáis.

“Este campamento é unha oportunidade única para que os amantes do voleibol vivan unha experiencia inesquecible, mellorando as súas habilidades deportivas mentres desfrutan da beleza natural da rexión galega de Quiroga”, explican desde a Federación.

O campamento situarase nas instalacións do Concello de Quiroga, aproveitando o entorno natural do río Sil e as montañas da Ribeira Sacra. Os participantes terán acceso a instalacións deportivas e contarán con aloxamento no albergue municipal onde tamén se lles proporcionará a manutención.

Así, desenvolverase en dúas quendas; a primeira, que será do domingo 16 de xullo con entrada a partir das 18.00 horas e ata o domingo 23 con saída antes das 12.00 horas, e outra quenda, do domingo 23 de xullo con entrada a partir das 18.00 horas ata o domingo 30 con saída antes das 12.00 horas da mañá.

Inscricións

As prazas para este campamento de voleibol son limitadas, polo que a Federación Galega de Voleibol recomenda a todos os interesados que se inscriban canto antes para garantir a súa participación gardando a preferencia de quenda por orden de inscripción.

O prezo de actividade será de 425 euros por quenda, sendo as dúas seguidas por 750 euros e as inscricións están abertas ata o 30 de xuño e poden realizarse mediante o formulario de rexistro, atendendo calquer dúbida no correo dtecnico@volei.gal e enviando o comprobante de pago e o formulario a esa dirección de contacto para completar o proceso de inscrición.