Skip to main content
O Saviñao

O Círculo Saviñao acolleu a exposición de pinturas de María Gandásegui

Por 6 Xuño, 2023Xuño 7th, 2023Sin comentarios

A pintora María Gandásegui inaugurou unha exposición de acrílicos no Círculo Saviñao, na que os motivos das súas pinturas son o mar e a figura humana.

A autora, nada na Estrada- Pontevedra, ademáis de pintora é perito calígrafo, grafóloga e amanuense, o que a obriga a ser minuciosa coas súas creacións artísticas. Ademais, como é licenciada en Filoloxía Clásica, este curso é a profesora de Latín en Grego no IES A Pinguela de Monforte de Lemos.

Durante a xornada, estivo acompañada por amigos e socios de Círculo que, a pesar do diluvio que nos estaba a acompañar, non se quixeron perder un acto que todos valoraron polo nivel e personalidade da artista, explican desde a entidade de Escairón.