Skip to main content
Deportes SARRIAXALáncara

O lancarés Roi Pérez proclamouse Campión de España de Wu Shu

Por 20 Xuño, 2023Sin comentarios

O alumno Roi Pérez López das Escolas Deportivas Municipais de Láncara (EDML) proclamouse Campión de España de Wu Shu, modalidade Qing Da, categoría menos de 70 kg, no XXXVII Campionato de España de Wu Shu que tivo lugar este sábado, 17 de xuño.

O evento, que tivo lugar en Madrid, acolleu este deporte de contacto derivado das artes marciais chinas tradicionais, que se leva impartindo 12 anos no Concello de Láncara da man de José Manuel Fernández e José Manuel Nunes no club Wu Shu Láncara.

O Wu Shu constitúe unha das máis antigas e variadas formas de combate e defensa persoal e interviu nas orixes de artes marciais estranxeiras como o Kempo, antecesor da disciplina xaponesa Karate, e do Taekyon, antecesor da disciplina coreana Taekwondo, entre outras.