Skip to main content
Láncara

O Puebla Futsal celebra unha cea baile este sábado na Praza dos Labregos

Por 29 Xuño, 2023Xuño 30th, 2023Sin comentarios

O equipo de fútbol de Láncara, o Puebla Futsal, organiza este sábado, 1 de xullo, a súa cea e baile para despedir a temporada na Praza dos Labregos e a partir das 21.30 horas.

Durante este evento, tanto xogadores, como demais equipo deportivo, pero tamén técnico e familias, así como afección e interesados nesta xuntanza deportiva, poderán compartir experiencias e sensacións sobre a tempada e prepararse para a seguinte de forma amena.

Así, os socios do club pagarán un prezo de 27 euros por un menú que inclúe empanada, xamón, churrasco, postre, café e bebida; mentres que os non socios terán que pagar 30 euros. Pola súa parte, os nenos de menos de 6 anos cearán gratis e os de 6 a 12, pagarán 12 euros.

Ademais, na cea haberá un sorteo de produtos doados polo Comercio e Hostelería de Láncara e a actuación do DJ Blin, coa que os participantes bailarán e desfrutarán dunha festa na mellor compañía.