Skip to main content
Láncara

Láncara establece varios puntos de recollida para os veciños que participen das súas viaxes de verán

Por 30 Xuño, 2023Xullo 1st, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara organiza, a través da Concellería de Deportes, Cultura, Xuventude e Turismo, as súas viaxes de verán ás diferentes praias de Galicia e ata de Xixón durante os meses de xullo e agosto.

Así, comezarán este sábado, 1 de xullo, coa saída á Praia de Miño; seguirán o 8 de xullo, coa viaxe á Praia de Covas, en Viveiro; xa o 15 de xullo irase ata Ares; o 22 de xullo a praia a visitar será a de Benquerencia, en Barreiros; e o 29 de xullo as participantes irán ata Foz.

Xa no mes de agosto, as saídas terán lugar a partir do 5, que a excursión será á Praia de Riazos, na coruña; o 12 de agosto viaxarán ata a Praia de San Lorenzo, en Xixón; o 19 de agosto a saída será á Praia de Ber, en Pontedeume; e por último, o 26 de agosto, a saída será á Praia de Sanxenxo.

Estas viaxes terán un custo diferente, segundo a zona á que se vaia. Así, na zona das Rías Altas, o prezo será de 5,50 euros para os nenos de 4 a 10 anos, e de 12 euros a partir dos 10 anos; mentres que os nenos de 0 a 3 anos non terán que pagar nada. No caso das Rías Baixas, entre 0 e 3 anos será gratuíto, pero de 4 a 10 anos o custo ascenderá a 7 euros e a partir e 10 anos, o custo será de 15 euros por persoa.

Ademais, haberá diferentes puntos de saída, segundo o lugar de recollida: Sairase desde Cedrón ás 8.15 horas, mentres que desde a Reboleira, Carracedo e Láncara sairase ás 8.30 horas. Por último, desde A Pobra de San Xiao sairase ás 09.00 horas.