Skip to main content
Paradela

Búscanse operarios para conducir vehículos motobomba e socorristas en Paradela

Por 15 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela convoca tres postos de operarios condutores do vehículo motobomba e dous postos de socorrista nunha selección de persoal laboral temporal.

O contrato de traballo temporal que se formalizará coas persoas seleccionadas será por circunstancias da produción e a tempo completo.

As persoas interesadas no posto de traballo de condutor de motobomba poderán solicitalo ata o vindeiro 19 de xuño na web do Concello de Paradela ou achegándose ao consistorio.

No caso do emprego de socorrista, as persoas interesadas nesta oportunidade laboral, poderán inscribirse no Concello ou na súa web durante o mes de xuño.