Skip to main content
Paradela

O libro ‘A miña cadeliña’ foi presentado no colexio plurilingüe San Miguel de Paradela

Por 16 Xuño, 2023Sin comentarios

Francisco Rodríguez Iglesias presentou o seu libro ‘A miña cadeliña’ no colexio plurilingüe San Miguel de Paradela, acompañado pola ilustradora da obra e colaboradora do colexio, Estefanía Padulles.

Durante o evento, Rodríguez explicou que o seu libro trata temas familiares, en concreto, da relación dun avó coa súa neta, á que lle ensina o amor pola natureza. Así, mediante as ilustracións de Padulles, créase un ambiente “moi emocional”, tal e como comenta a ilustradora e tamén escritora.

No acto, ademais, estiveron acompañados polo alcalde de Paradela, José Manuel Mato, quen recoñeceu o valor destas iniciativas en Paradela, onde os nenos e nenas teñen unha grande afección pola lectura e ao rematar a presentación a Francisco e a Estefanía chamoulles a atención que os nenos xa comezaran a ler o libro, polo que marcharon satisfeitos.