Skip to main content
Paradela

O Mago Rafa protagonizou a festa de fin de curso do CEIP San Miguel de Paradela

Por 23 Xuño, 2023Sin comentarios

O colexio San Miguel de Paradela celebrou a súa festa de fin de curso e acto de de graduación do alumnado de 6° de Primaria con varias actividades.

A xornada, que tivo lugar en horario lectivo, estivo protagonizada pola actuacións dos nenos e nenas do colexio para toda a comunidade educativa, así como familias e o Concello de Paradela. Tamén recibiron a visita dos nenos e nenas da Casa Niño de Paradela.

Ademais dos inchables, o pintacaras, e a globoflexia, na festa participou o Mago Rafa, que deleitou aos asistentes cun espectáculo de maxia no que subiu ao escenario a varios alumnos.