Skip to main content
Paradela

O SD Paradela consegue por primeira vez a Copa Deputación tras gañar ao Cospeito

Por 26 Xuño, 2023Sin comentarios

O equipo de fútbol de Paradela, o SD Paradela, conseguiu facerse coa Copa Deputación despois de xogar a final contra o Cospeito no campo do Sangoñedo, en Chantada, este domingo.

Durante o encontro, que estivo marcado pola calor, O Paradela conseguiu anotar 3 tantos, dous deles durante a primeira parte e o terceiro na segunda parte, na que tamén o Cospeito conseguiu apuntarse un gol, que non foi suficiente para evitar que o Paradela conseguira a victoria.

Así, o conxunto de Rubén Bergantiños destacou a través dos seus puntas, que foi felicitado en persoa polo alcalde de Paradela, José Manuel Mato, que acudiu ao enfrontamento en Chantada, celebrado ás 19.30 horas.