Skip to main content
Sarria

A festa de fin de curso da Escola Infantil Xela Arias acollerá un concerto da Escola Municipal de Música

Por 20 Xuño, 2023Sin comentarios

A Anpa da Escola de Educación Infantil Xela Arias organiza, xunto coa Escola municipal de música de Sarria, mañá a súa festa de fin de curso ás 16.30 horas para os nenos e nenas e as súas familias.

Durante esta xornada, as persoas asistentes poderán desfrutar dunha exhibición de patinaxe, dun concerto da Escola municipal de música, da actuación do mago Brandan, unha merenda para todos os nenos, animación e sorpresas.

Así, desde a Anpa da EEI sarriá animan a todas as persoas a participar deste evento para despedir o curso escolar 2022-203.